SOS PANADEIRA acudió a la manifestación en contra del catastrazo.
http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/sanxenxo-200-personas-piden-revision-baja-tipo-impositivo-ibi/20141130004420095444.html
Manifesto:
Os vecinos e veciñas de
Sanxenxo estamos cansos de padecer una desproporcionada suba do recibo do IBI durante todos estos últimos anos. Esta suba
sempre afecta de xeito especial a persoas con menos recursos.
Esta é unha suba que non
ten en conta a capacidade económica do contribuínte e que opera xusto no
momento en que se produce unha perda xeneralizada e aguda do valor dos bens que
precisamente se pretende gravar: os inmobles. A situación é especialmente grave
para moitos propietarios de vivenda que apenas contan con ingresos: parados,
pensionistas, viúvas, etc.
É responsabilidade da Corporación municipal, e en especial da Alcaldesa, vixiar no ámbito da súa actuación a aplicación de dous principios constitucionais de grande importancia:
. O establecemento dun sistema tributario xusto, que teña en conta a
capacidade económica do cidadán e a equidade (artigo 31 da Constitución
Española, e artigo 3 da Lei Xeral Tributaria).
. E a protección ao dereito á vivenda (artigo 47 da Constitución española).
Por ese motivo estamos hoxe aquí, solicitando á Sra. Alcaldesa e á Corporación Municipal, que revisen con urxencia a normativa local relativa ao Imposto de Bens Inmobles, para paliar xa dende o exercicio 2015 os efectos negativos da suba acumulada, e en particular:
1- Que revise á baixa o tipo impositivo do IBI, na marxe legal permitida;
2- Que integre na
Ordenanza municipal do Imposto as bonificacións permitidas pola Lei Reguladora
das Facendas Locais (art.º 74)
3- Que aprobe subvencións específicas para axudar ao pagamento do recibo do IBI dos veciños con menor capacidade económica;
4- Que comprobe que o
valor catastral aplicado aos inmobles non supera en ningún caso o 50% do seu
valor de mercado, tal e como esixe a aplicación conxunta da normativa
aplicable: o artigo 65 da Lei reguladora das Facendas Locais, o artigo 23,2 da
Lei do Catastro Inmobiliario, e a Orde Ministerial do Ministerio de Economía e
Facenda, do 14 de outubro de 1998.
5- Que en ningún caso incremente os valores catastrais do municipio con valores do 2.008, como pretende na ponencia de valores que se está piques de aprobar, senón que os baixe na medida que o permite a normativa vixente, para adecualos á redución dos valores de mercado.
Non é de recibo que en
concellos vecinos se pague ata un 50 ou 100% menos que en Sanxenxo por vivendas
similares.
A suba deste imposto,… que
vostedes dirán que o tipo impositivo baixouse, xa! E quen nos garantiza que non
o subirán?, porque, coas novas valoracións, unha pequena suba neste tipo
impositivo suporá un gran incremento na cuota a pagar. Como ía dicindo, a
subida deste imposto fai que o diñeiro dispoñible para o consumo disminúa, o
que supón unha baixada das compras e, por tanto, un empeoramento da economía
local, e unha merma do emprego…
Por outra banda, nun
concello coma Sanxenxo, no que a mayoría das terras se usan para cultivo de
auto-consumo, ou forraxes para os animais, se convirtan de repente, en solares
edificables, e xusto no momento en que o mercado inmobiliario presenta un
exceso de vivendas en venta, con precios á baixa.
Espero que a Corporación e a Sra. Alcaldesa en particular sexan sensibles á
situación de especial dificultade económica que padecen moitos dos seus
vecinos e veciñas, en relación cun ben esencial como é a vivenda.
Así mesmo, facemos un
chamamento de unión, a tódolos partidos políticos, asociacións, plataformas, e,
en definitiva, persoas, a que se unan a esta loita contra os excesos de
tributación que estamos a sufrir no concello de Sanxenxo.