domingo, 30 de noviembre de 2014

Manifestación en Sanxenxo por el catastrazo

 La Plataforma vecinal de Sanxenxo organizó una manifestación en contra del IBI por una subida tan drástica, el pueblo de Sanxenxo  se reunió para dejar claro su oposición al catastrazo.
SOS PANADEIRA  acudió a la manifestación en contra del catastrazo.
http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/sanxenxo-200-personas-piden-revision-baja-tipo-impositivo-ibi/20141130004420095444.html
















Manifesto:

Os vecinos e veciñas de Sanxenxo estamos cansos de padecer una desproporcionada suba do recibo do IBI durante todos estos últimos anos. Esta suba sempre afecta de xeito especial a persoas con menos recursos.


Esta é unha suba que non ten en conta a capacidade económica do contribuínte e que opera xusto no momento en que se produce unha perda xeneralizada e aguda do valor dos bens que precisamente se pretende gravar: os inmobles. A situación é especialmente grave para moitos propietarios de vivenda que apenas contan con ingresos: parados, pensionistas, viúvas, etc.


É responsabilidade da Corporación municipal, e en especial da Alcaldesa, vixiar no ámbito da súa actuación a aplicación de dous principios constitucionais de grande importancia:


. O establecemento dun sistema tributario xusto, que teña en conta a
capacidade económica do cidadán e a equidade (artigo 31 da Constitución
Española, e artigo 3 da Lei Xeral Tributaria).


. E a protección ao dereito á vivenda (artigo 47 da Constitución española).


Por ese motivo estamos hoxe aquí, solicitando á Sra. Alcaldesa e á Corporación Municipal, que revisen con urxencia a normativa local relativa ao Imposto de Bens Inmobles, para paliar xa dende o exercicio 2015 os efectos negativos da suba acumulada, e en particular:


1- Que revise á baixa o tipo impositivo do 
IBI, na marxe legal permitida;



2- Que integre na Ordenanza municipal do Imposto as bonificacións permitidas pola Lei Reguladora das Facendas Locais (art.º 74)


3-  Que aprobe subvencións específicas para axudar ao pagamento do recibo do 
IBI dos veciños con menor capacidade económica;



4- Que comprobe que o valor catastral aplicado aos inmobles non supera en ningún caso o 50% do seu valor de mercado, tal e como esixe a aplicación conxunta da normativa aplicable: o artigo 65 da Lei reguladora das Facendas Locais, o artigo 23,2 da Lei do Catastro Inmobiliario, e a Orde Ministerial do Ministerio de Economía e Facenda, do 14 de outubro de 1998.


5- Que en ningún caso incremente os valores catastrais do municipio con valores do 2.008, como pretende na ponencia de valores que se está piques de aprobar, senón que os baixe na medida que o permite a normativa vixente, para adecualos á redución dos valores de mercado.



Non é de recibo que en concellos vecinos se pague ata un 50 ou 100% menos que en Sanxenxo por vivendas similares.



A suba deste imposto,… que vostedes dirán que o tipo impositivo baixouse, xa! E quen nos garantiza que non o subirán?, porque, coas novas valoracións, unha pequena suba neste tipo impositivo suporá un gran incremento na cuota a pagar. Como ía dicindo, a subida deste imposto fai que o diñeiro dispoñible para o consumo disminúa, o que supón unha baixada das compras e, por tanto, un empeoramento da economía local, e unha merma do emprego…



Por outra banda, nun concello coma Sanxenxo, no que a mayoría das terras se usan para cultivo de auto-consumo, ou forraxes para os animais, se convirtan de repente, en solares edificables, e xusto no momento en que o mercado inmobiliario presenta un exceso de vivendas en venta, con precios á baixa.


Espero que a Corporación e a Sra. Alcaldesa en particular sexan sensibles á
situación de especial dificultade económica que padecen moitos dos seus
vecinos e veciñas, en relación cun ben esencial como é a vivenda.



Así mesmo, facemos un chamamento de unión, a tódolos partidos políticos, asociacións, plataformas, e, en definitiva, persoas, a que se unan a esta loita contra os excesos de tributación que estamos a sufrir no concello de Sanxenxo.


sábado, 8 de noviembre de 2014

FORO GALEGO DA AUGA

SOS PANADEIRA
 ACUDIRÁ
Ali estaremos para  escoitar e aprender de todo isto.,

ademais agradecemos este tipo de iniciativas


O vindeiro  sábado 15 de novembro  o 
FORO GALEGO DA AUGA
ás 19:30 H
CASA DE CULTURA ROBERTO BLANCO TORRES DE CUNTIS


Interveñen: Antón Sánchez (Deputado de AGE) Ana Pontón ( Deputada do BNG)
Carme Pardo ( Exsecretaria Xeral de Turismo e Deputada do PP) Francisco Caamaño   ( Exministro de Xustiza e Deputado do PSde G- PSOE)

Modera o acto a xornalista Rosabel Candal

Organiza: Plataforma Veciñal na recuperación do Patrimonio Termal.