Mostrando entradas con la etiqueta Colectivos afines. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colectivos afines. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de febrero de 2016

SOS PANADEIRA CON EL APDR



De cando en cando as tempestades de sal vanse facendo Tsunamis – maremotos políticos neste caso- de intensidade global.

SOS PANADEIRA actúa dende o local na defensa de una ría infestada de caciques.

APDR leva defendendo o de todos -a Ría de Pontevedra-  dende una resiliencia que aínda lle falta recoñecemento por parte de todos nós. Non esperan loureiros e non é o que queren conquerir pero dende SOS PANADEIRA vaia o noso recoñecemento sin anicar.

APDR convoca e defende a Ría de todo os xeitos posibles e en SOS PANADEIRA sentimos o seu alentó cada vez que se precisou.


Non dubidamos de que os galegos queremos aos nosos ríos, ao noso océano e a confluencia que a natureza cómpre para facer o regalo das Rías.


A Ría de Pontevedra, sen falta nen culpa é un niño de corruptelas, abusos e aberracións medioambientais. Pantaláns nas praias urbanas, celulosas, verquidos e desprezos que nos convirten en asesinos mediambientáis ou cómplices cando asalamos sen ruxir. 

Por iso e

·         Porque somos una Plataforma que con e sufre pola Ría.

·         Porque en Sanxenxo vivimos da Ría.

·         Porque temos conciencia e deber social e ambiental

·         Porque entre todos podemos que acadar unha nova dimensión entre o necesario e intolerable.

·         Porque queremos ser humáns que coidan da natureza.  

·         Porque si pensamos intervenir fagámolo en favor do ser humano.




Convidamos e pedimos a todos que xuntos berremos, ruxamos …

ENCE FÓRA DA RÍA!!!!!

VENRES AS 20:30 NA FERRERIA 




Grazas APDR por una lucha de años hoy SOS PANADEIRA ha enviado una pequeña representación.

Ha sido una manifestación ejemplar y un discurso final a modo de manifiesto que hizo honor a el sentimiento compartido.

Algunos apanadeirados nos encontramos en distintas calles y saludamos a una pancarta que ha soportado peores frios, los de la indeferencia de los mansos.
FÓRA DA RIA, A RÍA É NOSA.

 ENCE ESCOITA, PONTEVEDRA ESTÁ EN LOITA!


jueves, 31 de diciembre de 2015

150 Anos das Burgas Públicas de Cuntis

SOS PANADEIRA APOIA AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA VECIÑAL NA RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO TERMAL. DE CUNTIS E OS ANIMA A SEGUIR ADIANTE.








martes, 24 de junio de 2014

Marcha do APDR 2014

Información del periódico " Pontevedra Viva"


A APDR volve sacar a centos de pontevedreses á rúa para esixir a saída de ENCE da ría

Un ano máis a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) protagonizou este sábado a tradicional protesta en contra do complexo industrial de Ence en Lourizán.
Con dúas marchas, con saída desde as alamedas de Pontevedra e Marín, os manifestantes desprazáronse ata a fábrica para esixir a saída da factoría da súa actual ubicación e que non se lle conceda unha prórroga máis aló do 2018 como consecuencia da reforma da Lei de Costas.
Centos de pontevedreses secundaron as marchas, que contaron coa presenza de colectivos como as tres cofradías de Lourizán, San Telmo e Raxó, Plataforma 2018, SOS Panadeira ou Salvemos A Fracha, ademais de representantes do goberno local.

Entre eles o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recalcou que "a fábrica está ocupando un espazo que é de todos os pontevedreses", ademais de engadir que o goberno autonómico "está a facer todo o posible por consolidar o complexo onde está".


Pola súa banda Antón Masa, presidente da APDR, aseverou que "falta un ano menos para que a Xunta de Galicia teña que facer cumprir a lexislación".

Ademais Masa volveu a denunciar que "Ence segue incumprindo a normativa medio ambiental e a Xunta segue permitindo ese incumprimento", referíndose á polémica polos coliformes detectados nos vertidos da fábrica, extremo que a empresa negou: "poden dicir que mentimos ou o que queiran pero sempre que se fai un análise dos vertidos de Ence sempre hai coliformes", concluíu o dirixente da asociación.
ENCE DEFENDE O INVESTIMENTO AMBIENTAL REALIZADO EN PONTEVEDRA
Coincidindo coa marcha de protesta Ence remitiu un comunicado de prensa aos medios de comunicación para defender o investimento realizado para melloras de carácter ambiental no complexo de Lourizán.

Segundo a empresa pasteira, nos últimos tres anos investíronse 8,8 millóns de euros, ao que hai que engadir que "o impacto oloroso reduciuse nun 96%".
Ademais Ence sinala a redución do vapor que emana das chemineas e o concurso arquitectónico convocado para mellorar a integración paisaxística da factoría.
 
Temos que dar as grazas desde aquí a Paca Blanco a heroína da Illa de Valdecañas  (Extremadura) pola súa participación na marcha contra celulosas, Grazas a ela e a súa familia; e tamén a Paco Segura Coordinador de Ecologistas en Acción.

jueves, 19 de junio de 2014

Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) Marcha contra Celulosas 2014



MARCHA CONTRA CELULOSAS 2014
Este sábado 21 de xuño a partires das 19:30 con saída dende as alamedas de Marín e Pontevedra.
Hoxe máis que nunca, ENCE FÓRA DA RÍA! 


Manifesto 2014
POR DIGNIDADE… IMPIDAMOS UNHA NOVA PRÓRROGA A ENCE E ELNOSA!

ENCE e ELNOSA pretenden permanecer na Ría máis aló do 2018 e o PP non o vai impedir. O acordo Xunta-ELNOSA, que fixa o fin da actividade da cloreira no 2017, é papel mollado xa que non obriga á empresa a cumprilo. Pola súa banda, a modificación da Lei de Costas permite a concesión dunha prórroga de 50 anos a ENCE en Lourizán, unha prórroga que podería ampliarse 10 anos máis en función do que poña a empresa enriba da mesa.

Esta prórroga supón privatizar un espazo público que tiña que ser recuperado para o conxunto da poboación e dárllelo a unhas empresas privadas que sempre desprezaron a legalidade e á cidadanía. Pero supón tamén a destrución da Ría, dos recursos naturais, o medio ambiente e a economía da comarca; porque a creación de postos de traballo non vai vir nunca da man de ENCE-ELNOSA; porque a solución á crise e a creación de emprego de calidade só será posíbel cando o espazo que hoxe ocupan ENCE e ELNOSA sexa recuperado para a explotación racional do marisqueo, a pesca de baixura, o turismo e o sector forestal.

E non podemos permitir a usurpación do que é noso. Non podemos permitir unha nova prórroga que suporía o ataque frontal aos nosos dereitos, un novo chanzo no camiño cara á destrución do futuro a mans de ENCE-ELNOSA. Por iso, por máis pedras que nos poñan na nosa andaina, non imos recuar. O camiño pola recuperación da Ría non ten volta atrás e, hoxe máis que nunca, por dignidade, fronte á imposición dunha Lei inxusta, temos que amosar a nosa rebeldía na defensa dos nosos dereitos; temos que impedir unha nova prórroga a ENCE e ELNOSA.

HOXE MÁIS QUE NUNCA... ENCE-ELNOSA FÓRA DA RÍA!

Mais información no seguinte link: