Diríxome a vostedes para comunicarlles que este venres, día 1 de abril, inauguraremos a Oficina Europea de Estefanía Torres en Vigo, adicada a asuntos de Pesca, Agricultura, Medio Ambiente e Saúde e Seguridade Alimentaria. E gustaríanos contar coa súa presenza.
A INAUGURACIÓN este venres, día 1, ás 17.00 h. A Oficina está na Rúa López de Neira, nº22. Vigo.
(Haberá un espazo de ludoteca para os nenos e nenas)
Durante a mañá do venres temos prevista tamén unha xornada sobre pesca co seguinte programa.
Co Mar de Fondo:
Construíndo un futuro mellor para o sector pesqueiro en Galicia
Apertura das Xornadas (9.45 h)
MESA 1. (De 10.00h a 11.30 h)
- “¿Sabemos o que compramos? Etiquetado e trazabilidade dos produtos da pesca e acuicultura”. Carmen Sotelo, investigadora CSIC-IIM Vigo
- “A importancia socioeconómica da pesca en Galicia”. Gonzalo Rodríguez, profesor Economía Aplicada USC. Membro ATTAC-Galicia
- “É viable ou necesaria a transformación das cofrarías?”. Misael García, Patrón maior de Vigo
ROLDA DE PRENSA DE ESTEFANÍA TORRES. (De 12-.00 a 12.30h)
MESA 2. (De 12.30h- 14:00 h)
- “A contaminación das nosas rías, unha ollada dende o sector”. Ángel Gey, mariscador, membro da Plataforma en defensa da ría de Muros-Noia
- “Lei de Acuicultura: problemas e alternativas”. Alhambra Cubillo, bióloga especializada en acuicultura
No hay comentarios:
Publicar un comentario