COMUNICADO DE PRENSA 2º FESTIVAL DE SAN XOAN SOS PANADEIRA
Despois do éxito da primeira edición, un ano máis SOS Panadeira conmemora a emblemática noite de San Xoan coa queima dun pilote figurado nas inmediacións da praia Panadeira a fin de ofrecer aos veciñ@s lecer e reivindicación na defensa de dúas praias a partes iguais.

De novo se parodiará a polémica queima simbólica do pilote hincado na Iriña ata Xuño do ano pasado, como unha das loitas gañadas por parte da plataforma ante a usurpación de espazos públicos. Este encontro que comezará en torno ás 22 da noite do 23, estará aderezado cunha extensa sesión musical a cargo de tres bandas que se decidiron a aportar altruistamente ó seu talento á causa.
Dúas formacións locais: The Sharknadoos e The medicine show, e unha procedente da cidade olívica: Sen Senra; serán as que fagan bailar nesta noite máxica a todo aquel/a que se queira unir á festa. SOS Panadeira ten que agradecer tamén a colaboración activa na organización por parte do restaurante Son do Mar, á beira da praia Panadeira.