sábado, 20 de junio de 2015

2º FESTIVAL SOS PANADEIRA SAN XOAN 2015

COMUNICADO DE PRENSA 2º FESTIVAL DE SAN XOAN SOS PANADEIRA
Despois do éxito da primeira edición, un ano máis SOS Panadeira conmemora a emblemática noite de San Xoan coa queima dun pilote figurado nas inmediacións da praia Panadeira a fin de ofrecer aos veciñ@s lecer e reivindicación na defensa de dúas  praias a partes iguais.



 De novo se parodiará a polémica queima simbólica do pilote hincado na Iriña ata Xuño do ano pasado, como unha das loitas gañadas por parte da plataforma ante a usurpación de espazos públicos. Este encontro que comezará en torno ás 22 da noite do 23, estará aderezado cunha extensa sesión musical a cargo de tres bandas que se decidiron a aportar altruistamente ó seu talento á causa.


 Dúas formacións locais: The Sharknadoos e The medicine show, e unha procedente da cidade olívica: Sen Senra; serán as que fagan bailar nesta noite máxica a todo aquel/a que se queira unir á festa. SOS Panadeira ten que agradecer tamén a colaboración activa na organización por parte do restaurante Son do Mar, á beira da praia Panadeira.




No hay comentarios:

Publicar un comentario