viernes, 2 de mayo de 2014

Que pasaría!!

QUE PASARÍA SE...
no parque ao que vostede (ou calquera persoa) leva indo toda a vida, onde despediu primaveras e foi recibindo outonos, de pronto, un día,ve alguén plantar patacas?
Posiblemente, pensaría:
-Se foi planta decorativa en Versalles, aquí tamén pode quedar ben. Ogallá non críen escarabellos.
As máquinas algo molestan, pero hai que ser comprensivo. Plantarán os arredores e logo han acabar.Buscarei outro sitio onde sentar.
Volta ao día seguinte e atopa o parque pechado.
Ten curiosidade e infórmase.
Explícanlle que ao parque, sempre público ata agora, xa non se pode pasar.Que hai que respectar as plantas e mais a quen as plantou. Que xa atoparán os nenos onde xogar e os maiores onde tomar a raxeira. Que as patacas foron gratis e para plantalas e recollelas xéranse postos de trabalo.E ganancia coa venta
Manifesta desacordo e aféanlle a conduta:
-A quen prexudica que a empresa que as plantou aproveite a ocasión? Ë vostede un egoísta e tamén algo envexoso...
Vostede pensa que hai moita terra onde plantar as patacas e que o parque ERA de todos...

Calará o seu disgusto?

 

QUE PASARÍA 
se na praza onde vostede (ou calquera persoa) xogou sempre, ao longo da súa vida, onde feriu os xeonllos e fixo os primeiros amigos, de pronto,un día,ve que alguén deseña no chan un aparcadoiro novo?
Ë posible que pensase:
-Haberá algún evento importante, moi, moi importante. Se cadra, non chega o espazo reservado a estes efectos e haberá que compartir. Ogallá que a pintura sexa lavable, que logo ha de pasar. Xa atoparei outro sitio onde sentar.
Ao día seguinte atopa a praza valada.
Ten curiosidade e infórmase.
Explícanlle, que á praza, antes pública,xa só vai poder pasar se paga por aparcar o coche. Que os que alí antes xogaban, moceaban ou conversaban,xa atoparán outro sitio.Para acións intrascendentes,calquera recuncho vale.
_A pintura saiu de balde, o aparcamento cóbrase e iso xera riqueza e postos de traballo no pobo. Por que a empresa que o promove non vai sacar beneficio?
Voste é cidadán e manifesta desacordo. Entón aféanlle a conduta.
Agocharía o enfado?

Texto 2


QUE PASARÍA 
se na praia á que vostede (OU CALQUERA OUTRA PERSOA) foi sempre,ao longo da súa vida, onde descubriu tesouros de cunchas e de vida cos que o mar nos agasalla, onde aprendeu aos seus fillos a respectar cangrexos, caramuxos e persoas, alguén, un día,cravase varias reas de pilotes?...
¿CALARÁ A SÚA TRISTURA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario