Gústame a auga. Forma parte de nós, de todo canto vive. Ela
mesma é vida en cada pinga.
Gústame afogar a sede na súa frescura e limpar con ela cansanzos e suciedade.
Gústame afogar a sede na súa frescura e limpar con ela cansanzos e suciedade.
Gústanme as relaxantes nanas que susurra e as impresionantes óperas que entona.
Gústame fría, quente, doce, salgada, cristalina...
Praia de Silgar |
Gústanme especialmente as praias. tesouros fráxiles. merecentes de coidados, que non deben ser agredidos.
Entendo e comparto a militancia suave e terca de quen se nega a que tal patrimonio colectivo se volva obxecto de comercio privado, de quen por sentirse atado a elas con nós mariñeiros critica o inxusto aínda que o disfracen de legal.
Praia de Areas |
Nunca será perder o tempo defender o que temos cerca. Garda emocións e historias precisas, porque son nosas. Non son asuntos menores.
Non é perder o tempo defender o que é de todos, despertar a ilusión por conservalo,sementar a esperanza no futuro
Praia de Areas |
E pódese estar orgulloso de facelo inventando estratexias creativas, lúdicas, abertas a quen queira participar nelas.
A Lanzada |
Orgullosos de tecer día a día, entre moitos, cos fíos de cada un, unha resistencia colectiva, de ser prestidixitadores en busca de recursos e enerxía coa que seguir cargando as pilas. Orgullosos de non permitir que alardes de poderío agochados con capuchas impoñan como bos e incuestionables desvaríos concebidos para alimentar egos, obras privadas feitas con e en medios públicos.
Non é perder o tempo defender o que é de todos, sempre a cara descuberta.
Eu quéroo agradecer.
Praia da Lanzada |
E agradecer doblemente a quen aínda sufrindo provocación e violencia non perde a dignidade nin se deixa intimidar
Praia da Lanzada |
Entre persoas, as mellores armas son palabras.
Nas praias, loitemos tan só coas ondas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario