lunes, 7 de abril de 2014

As miñas razóns para non querer os pantaláns

Email enviado a Portos de Galicia por unha veciña de Sanxenxo, 

Bos días,
 Hoxe foi un longo día ( 25/02/2014), onte xa falaba eu cun veciño e comentáballe que si o   Real Club Náutico de Sanxenxo quería chamaba a Seguridade Privada e poñía un cordón e si os de SOS Panadeira querían formar follón, eles avisarían a Guardia Civil e listo, eles teñen todos os permisos e a legalidade para facer a obra dos “Pantaláns en Sanxenxo”.

Hoxe o fixeron e aínda por riba con forza.

Eu pregunto como veciña de Sanxenxo que moitas veces disfrutei da praia , eu teño que contar o que me parece a min todo isto. Eu non estou de acordo, as miñas razóns son estas:

Primeiro: son dúas praias urbanas non son “arenales portuarios”.

Segundo: Non contan con todos os permisos, os veciños non queren a construción, eles teñen voz e voto, no seu pobo.

Terceiro: Grazas o Náutico, rematarán por eliminar dúas praias para o baño, con marea baixa iso vai ser un montón de táboas o lado das praias.

Cuarto: Insalubridade das augas, xa que os barco farán verquidos a praia e todo estará máis sucio.

Quinto: Inseguridade para as persoas, xa que os barcos o lado das praias serán un perigo para os rapaces e xente que este alí.

Sexto: Efectos negativos para a economía local, xa que con tanta crise e sen dúas praias, no centro de Sanxenxo, iso fará que a xente se mova do pobo e pode terminar con moitos empregos, empresas e autónomos.

Sétimo: Afectará visualmente a praia e parecerá un “domino” o lado da praia, forte Impacto Visual.
Non me explico como dan licenza para semellante propelía, isto non se pode tolerar, van a rematar con todos os negocios que teñen que ver co turismo da praia ,ademais de acabar coa fisonomía, seguridade e beleza dunhas praias.

Isto é poñer os intereses duns poucos por riba do ben da colectividade isto non se pode consentir, ata cando teremos que tragar con semellantes cousas, isto non pode pasar nunha provincia que vive, traballa e fala das praias, como seu mellor ben, buscando o turismo e cando teñen intereses ocultos venden o pobo, porque isto e vender o futuro dun pobo, o futuro dos seus fillos, polo ben de catro iluminados armados con permisos de construción dun pantalán e esgrimindo que teñen toda a legalidade, non e así, e calquera que o veña ver, o ve a simple vista.. Por favor, Cancelade as Licenzas, paralizade as obras, antes de que pase unha desgraza, este pobo esixe unha rectificación. Isto e un atraco o pobo de Sanxenxo.



1 comentario:

  1. Non todos pensaremos igual de todo pero copatios o fundamental, defensa de espazos publicos, desinteresadamente, polo ben xeral e cosin pedir nin subvencións, ni axudas publicas, somos libres, hoxe en dia eso é moito dicir, nin debemos, nin esperamos ou non poderíamos ser SOS PANADEIRA.

    ResponderEliminar