CANCIÓN SOS PANADEIRA. O HIT DOS CARNAVAIS
Eu quería salir
Ela quería entrar
Non nos deixaba pasar.
……
Unha praia por aquí
Un areal por alá
E o cacique do Náutico
Nolas quere roubar.
Somos SOS Panadeira
Vimos a denunciar
Pilotes e pantaláns
¡Vaia barbaridad!
……
Coidemos as nosas
praias
Coidemos o litoral
Despois veñen os
problemas
Coidado co temporal.
Telefónica e Mapfre
Son os patrocinadores
Pedro Campos e Durán
Vaia par de ladrones.
Din que queren os
barcos
Moi moi ben aliñados
Para alegrarlles a
vista
Mira ti que
espabilados.
Dicen que Pedro Campos
Eche un gran regatista
Trouxo á inauguración
¡¿a quén?!
Á princesa máis lista.
¡Sí, menudo artista!
….
Queren un pantalán
Para a discapacidad
Que os cartos ponos
Mapfre
E digo eu ¿quen os
levará?
O pobo de Sanxenxo
Non nos van a calar
Nos Barcos e na
Panadeira
Volveremos a bañar.
Que son praias urbanas
(bis)
Que teñen moito valor
(bis)
E ó clavarlle os
pilotes
Ay ay ay ay
Sinton moito dolor.
Somos SOS Panadeira
Vimos a protestar
Pilotes e pantaláns
Vaia barbaridad.
Coidemos as nosas
praias
Coidemos o litoral
Despois veñen os
problemas
Coidado co temporal.
¡Somos SOS Panadeira!
¡Somos SOS Panadeira!
As loitas desiguais, cambiaron o mundo, dende 1789 nos podemos pensar que se cambia dende abaixo. Grazas os que creeron, creen e creerán que os soños son posibles. EU SON SOS PANADEIRA. E TI?
ResponderEliminar